O pasado 27 de xullo, EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten executado dous novos despidos, que se veñen a unir aos xa realizados recentemente. Neste caso, as afectadas son duas compañeiras coordinadoras do departamento de «Retención Genérica PYMES». O motivo que a empresa ten alegado, é o baixo rendemento, unha excusa que urdiron, para poder botar á rúa a estas traballadoras sen ningunha indemnización. Mentres a empresa e os seus secuaces lambecús seguen tratando de nos vender 0 conto de que este é un bó lugar para traballar, a realidade é que para eles somos simples números cós que poder xogar.

Para a CGT, calquera despido é inxusto, pero non hai despido máis aberrante e provocador que o do capricho do patrón: aquel que toca non se sabe ónde, nin cándo, nin a quién. Só coa solidariedade, o apoio mutuo e maila acción directa dos traballadores, poderemos conseguir que cesen estas inxustas agresiónes que estamos a padecer.

Por isto, a CGT convoca, xunto coa CIG, unha Concentración en protestas polos despidos o vindeiro martes 7 de agosto as 15:00 horas, diante da empresa, no Edificio Proa de Matogrande.

Xa é hora de que os traballadores lle plantemos cara, a dirección da empresa, que únicamente busca explotarnos cada vez máis, para acadar o máximo beneficio a nosa conta ..Temos que ser conscientes de que todos estamos sendo atacados. Tentan que sexamos sumisos meténdonos o medo no corpo, coa única intención de irnos aniquilando pouco a pouco. SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email