O pasado sábado, o BOE publicaba as medidas dun novo Plano de Axuste que xa fora anunciado por Rajoy o mércores anterior. Estas medidas afectan á maioría da poboación e supoñen os maiores recortes sociais que se teñen producido nos últimos tempos. Coa excusa do rescate do sector financieiro, estas medidas constitúen unha enorme estafa para acabar cos dereitos básicos de toda a clase traballadora, tanto do sector público como do sector privado.

Por este motivo, a CGT xa ten expresado a necesidade dunha mobilización xeral de toda a sociedade, no entendemento de que estos son tempos de unidade e de que toda a poboación, todas as organizacións sindicais e sociais, saiamos xuntos e, de novo, tomemos as rúas na defensa dos dereitos e liberdades que nos están sendo arrebatados.

Así, a CGT da Coruña fai un chamado á súa afiliación e militancia e a toda a clase obreira á participación activa en todas as mobilizacións que se están a desenvolver, sinaladamente na Manifestación Unitaria que terá lugar no serán do vindeiro xoves, 19 de xullo, ás 20 horas dende a praza da Palloza.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email