CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2012/07/manifestacion-unitaria-na-coruna-contra-o-desmantelamento-do-sector-publico-e-os-recortes/
Export date: Wed Dec 2 3:48:50 2020 / +0000 GMT

Manifestación Unitaria na Coruña contra o desmantelamento do sector público e os recortes.




O vindeiro luns está convocada unha nova Manifestación Unitaria contra o desmantelamento do sector público e contra as agresións do goberno a todos os traballadores e traballadoras.

A gravidade da situación fai precisa unha forte resposta da clase obreira ante os ataques de que está sendo obxecto por parte do capital e o goberno: baixada de salarios, perda de dereitos e condicións laborais, aumento do desemprego, subida de impostos, recortes nos dereitos e os servizos sociais, ...

Por tal motivo, a CGT da Coruña fai un chamado a toda a clase traballadora a secundar e participar activamente en tódalas mobilizacións que están a ser convocadas de xeito unitario por todas as organizacións sindicais e, de xeito destacado, na Manifestación Unitaria que terá lugar o vindeiro luns, 30 de xullo, con saída dende a Praza de Pontevedra, ás 19:30 horas.
Post date: 2012-07-27 17:32:03
Post date GMT: 2012-07-27 16:32:03

Post modified date: 2012-07-27 17:35:53
Post modified date GMT: 2012-07-27 16:35:53

Export date: Wed Dec 2 3:48:50 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com