Os traballadores e traballadoras de Correos están convocados a unha concentración o vindeiro día 12 de Xullo ás 9:15 horas na entrada principal do edificio da Xefatura Provincial de Correos da Coruña, na rúa Alcalde Casás, reinvindicando un servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, amosando ademáis a sua solidariedade máis absoluta cos carteiros da Unidade de Reparto 1 de Vigo. Estos traballadores están en folga dende o pasado 4 de xuño, en protesta pola reducción dun 25% do persoal da máis importante oficina da cidade que se atopa case colapsada cun millón de obxectos en correspondencia acumulada . Correos en vez de sentarse a negocia-la solución deste conflicto que arrastra un sinnúmero de problemas económicos as empresas viguesas e cidadanía en xeral , permanece intransixente , abrindo por riba 14 expedentes disciplinarios ós carteiros en folga.
As mobilizacións dos traballadores e traballadoras continuarán en toda Galicia en defensa dun servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, e en solidariedade cós compañeiros de Vigo e de todo o Estado que se están a mobilizar contra a política de recortes de persoal, dereitos e condicións de traballo.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email