Unha vez coñecido a principios desta semana o Fallo da Sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra polo que se desestiman todas e cada unha das pretensións formuladas no Recurso interposto por Uwais Ingeniería, suposta testaferra de Alfageme, contra a eficacia dos avais prestados no seu día pola Xunta de Galicia aos créditos concedidos polo Banco Popular e NCG Banco os novos empresarios de Alfageme (a inmobiliaria Promalar), a CGT de Arousa reitera e esixe a reunión urxente coa Consellería de Economía e representantes das traballadoras e traballadores da Empresa, solictada xa a semana pasada, para desbloquear á venta das súas plantas da conserveira en Vilaxoán e Ribadumia.
A reunión faise imprescindible porque o tempo apremia e a Xunta xa non ten a “escusa” que leva utilizando dende hai meses para eludir as súas responsabilidades no apoio político e económico do proxecto de Alfageme que levou a rúa a centos de traballadoras e traballadores. Por isa razón, é xa o momento de que se liberen os avais que desbloqueen a compra das conserveiras de Vilaxoán e Ribadumia polo Consorcio Conservero, e así poñer en marcha as dúas factorías e reiniciar a actividade conserveira con todo o seu persoal nas condicións conqueridas pola CGT de respetar todos os seus dereitos económicos, laboráis e sociais.

CGT-Arousa

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email