CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2012/07/3-de-agosto-folga-no-sector-ferroviario/
Export date: Fri Dec 4 20:28:57 2020 / +0000 GMT

3 de agosto: Folga no sector ferroviario


A CGT, xunto có resto dos sindicatos de ADIF, FEVE e RENFE-Operadora, ten convocado Folga de 24 horas para o vindeiro venres, 3 de agosto. Esta Folga forma parte dun calendario de mobilizacións unitarias que se veñen desenvolvendo contra as medidas dictadas polo goberno. Medidas que suponen, entre outras cousas, a segregación de RENFE-Operadora en catro sociedades mercantiles, a privatización (liberalización) do transporte ferroviario de viaxeiros a partir de xullo de 2013, a supresión da empresa FEVE o vindeiro 31 de decembr0 de 2012, subrogándose en Adif e Renfe, perdas salariais e de condicións laborais dos traballadores, ...


En coincidencia co día de Folga, a CGT da Coruña chama á participación na Concentración convocada na Estación de San Cristobal da Coruña, ás 11 horas, o vindeiro venres, 3 de agosto.
Post date: 2012-07-31 21:07:45
Post date GMT: 2012-07-31 20:07:45

Post modified date: 2012-07-31 21:11:26
Post modified date GMT: 2012-07-31 20:11:26

Export date: Fri Dec 4 20:28:57 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com