A CGT de Pontevedra participou o 2 de xuño, como todos os anos por estas mesmas datas, na manifestación convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra para esixir o “Peche de Celulosas, ¡Xa!”. Desde xeito, a CGT de Pontevedra renovou, por un ano máis, o seu compromiso na defensa do meio ambiente, pola recuperación da Ría nas marismas de Lourizán e polo benestar e a saúde dos veciños e veciñas de Pontevedra e a comarca, en risco permanente pola actividade contaminante, ademáis de destructiva de emprego e os recursos naturais, do complexo Empresa Nacional de Celulosas (ENCE)- Elnosa. A longa manifestación, na que participaron unhas 2000 persoas, iniciouse ás sete e media da tarde na Alameda de Pontevedra para rematar perto das dez da noite fronte o complexo industrial, na avenida de orillamar Pontevedra-Marín.
CGT – Pontevedra