CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2012/05/manifestacion-pola-liberdade-de-laura/
Export date: Wed Dec 2 4:09:25 2020 / +0000 GMT

Manifestación pola liberdade de Laura


A CGT de Pontevedra convoca unha manifestación para esixir a inmediata posta en liberdade da nosa compañeira Laura Gómez, secretaria de organización da CGT de Barcelona, que permanece encadeada inxustamente, baixo falsas acusacións, pola súa participación na Folga Xeral do pasado 29 de marzo. A manifestación terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de maio, ás 12:00, con saida dende a Subdelegación do Goberno, na Alameda, trala entrega das firmas de solidariedade con Laura recollidas en Vigo e Pontevedra nos últimos días. Para difundir a convocatoria da manifestación organizaránse, antre outras accións, sendos "Puntos de Información da CGT-Pro Laura Gómez", na Praza da Peregrina, o xoves 17 de maio, ás 12:00 h e o venres, 18 de maio, ás 19,30 h.
CGT-Pontevedra
Post date: 2012-05-15 11:27:01
Post date GMT: 2012-05-15 10:27:01

Post modified date: 2012-05-15 11:29:59
Post modified date GMT: 2012-05-15 10:29:59

Export date: Wed Dec 2 4:09:25 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com