A CGT de Pontevedra convoca unha manifestación para esixir a inmediata posta en liberdade da nosa compañeira Laura Gómez, secretaria de organización da CGT de Barcelona, que permanece encadeada inxustamente, baixo falsas acusacións, pola súa participación na Folga Xeral do pasado 29 de marzo. A manifestación terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de maio, ás 12:00, con saida dende a Subdelegación do Goberno, na Alameda, trala entrega das firmas de solidariedade con Laura recollidas en Vigo e Pontevedra nos últimos días. Para difundir a convocatoria da manifestación organizaránse, antre outras accións, sendos «Puntos de Información da CGT-Pro Laura Gómez», na Praza da Peregrina, o xoves 17 de maio, ás 12:00 h e o venres, 18 de maio, ás 19,30 h.
CGT-Pontevedra

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email