CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2012/05/acto-en-lembranza-das-vitimas-da-represion-durante-a-folga-xeral-de-1901-na-coruna/
Export date: Thu Dec 3 22:31:16 2020 / +0000 GMT

Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña


O vindeiro domingo, día 3 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.

Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901 1
Links:
  1. http://memorialibertariagaliza.blogspot.com.es/200 8/05/folga-de-1901.html
Post date: 2012-05-28 22:22:01
Post date GMT: 2012-05-28 21:22:01

Post modified date: 2012-05-28 22:22:01
Post modified date GMT: 2012-05-28 21:22:01

Export date: Thu Dec 3 22:31:16 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com