A CGT celebrará en Pontevedra, conxuntamente con CNT, a manifestación do 1º de Maio, con saída ás 13 h, da Praza da Ferrería.

A iniciativa de CGT-Pontevedra para celebrar en Pontevedra unha manifestación unitaria de todas as centrais sindicais (CIG, CC.OO, UGT e CNT), baixo o lema “Derogación da Reforma Laboral”, fracasou.
Primeiro foi o rexeitamento da CIG, que escosou a súa participación na manifestación unitaria proposta pola CGT, ainda que levase como lema “Derogación da Reforma Laboral”, xa que tiñan un acordo previo de ámeto nacional galego de ir sós neste 1º de Maio. Despois foi a negativa da CNT, por máis que na xuntanza do 18 de abril, tanto CC.OO e UGT como a propia CNT afirmasen seu apoio a iniciativa da CGT e á pancarta de cabeceira: “Queren acabar con todo. Derogación da Reforma Laboral”. Por último, a gota que colmou o vaso, foi a convocatoria por CC.OO e UGT dunha manifestación en Pontevedra o día 29 (dous días antes do 1º de Maio), baixo o lema “Queren acabar con todo” e contra os recortes en Educación e Sanidade públicas, sin siquera ter invitado a participar nela ás outras centrais sindicais, nin siquera á CGT.
Nesta situación, a asamblea de CGT-Pontevedra, celebrada o mércores, 25 de abril, deu por fracasada a súa iniciativa unitaria e, en consecuencia, decidiu manter a súa convocatoria propia de manifestación do 1º de Maio, ás 13:00h, dende a Praza da Ferrería ata a Subdelegación do Governo e invitar a CNT a compartir esta convocatoria baixo o mesmo lema que xa nos unira na Folga Xeral do 29 de marzo: “Derogación da Reforma Laboral. Os Dereitos non se negocian, deféndense – CGT e CNT”.

Comité Local CGT-Pontevedra

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email