A las 12:45 horas inició su marcha, desde la Plaza de Portugal, la manifestación convocada por la CUT y la CGT en protesta por la reforma Laboral y para exigir su derogación. Tras un pequeño incidente inicial al pretender la policía incautar la pirotécnia que llevaba un compañero -que fue identificado por la peregrina razón de portar armas- más de dos mil personas iniciaron un recorrido que finalizaría, dos horas más tarde, ante la Delegación del Gobierno.

Entre los participantes estaban la Rede de Asambleas do 15M da Coruña, la Asociación Sin Papeis da Coruña, integrantes del movimiento okupa y otros colectivos.

Durante el recorrido se lanzaron consignas contra la Reforma Laboral y el gobierno como: «Mariano, paspán, non chegas ao verán», «Reforma Laboral, terrorismo patronal», «Contra el capital, revolución social», «Aquí estamos, nós non pactamos», «Hace falta ya otra huelga general», «Árdelle o eixo, árdelle o carro, a Mariano hai que capalo», «Nativa ou estranxeira, a mesma clase obreira», y otras.

Al finalizar la manifestación, se leyó un manifiesto conjunto que decía lo siguiente:

«Compañeiras e compañeiros:
    Coas decisións deste goberno –a Reforma Laboral, o recorte dos gastos sociais e investimentos públicos, o desmantelamento dos servizos sociais básicos, as reducións salariais, a invalidación da negociación colectiva- amosan o que son: só os move o afán de perpetuar este inxusto réxime económico e político no que os ricos fanse cada día máis ricos a costa de expandir o paro, a pobreza e a desolación por todas partes.

 Os xestores do capitalismo –os políticos- utilizan o discurso demagóxico no que pretenden culparnos á clase traballadora da situación que estamos a vivir. A finalidade non é outra que facernos asumir a responsabilidade da crise e o seu pago; mentres, os verdadeiros culpables seguen acumulando ganancias millonarias e aproveitan a desesperación de moitos traballadores para impoñer un ritmo de reformas sen freo e unhas condicións de traballo cada vez máis aldraxantes.

 O 25% dos traballadores están no paro (o 50% dos xoves) Deles, case dous millóns non teñen ningunha prestación; trece millóns malviven con salarios inferiores aos mil euros mensuais e as perdas das súas vivendas afectan a centos de milleiros de traballadores.

 Esta Reforma Laboral, que facilita e abarata o despedimento, que aumenta a explotación laboral, que incrementa a xornada, que empeora as condicións de traballo, que baixa os salarios, que penaliza a organización dos traballadores, aínda vai agravar máis a situación. É o goberno mesmo o que anuncia máis de 6 millóns de parados a fin de ano e que enviará a un terzo da poboación á exclusión social.

 A nova Reforma converte aos traballadores en servos e aos empresarios en amos. Poderán despedir con causa falsa e sen apenas custo, reducir os salarios, cambiar os horarios e a xornada, incumprir os convenios… e todo isto con só dicir que non van gañar tantos cartos como antes.

 É especialmente repugnante o novo contrato para a xuventude, dun ano de duración, con despido libre e sen ningún tipo de indemnización.

 Con esta Reforma Laboral se deixa sen efecto a forza dos convenios sectoriais, dándolle prioridade aos convenio de empresa, que poden fixar condicións por debaixo do convenio sectorial. Ademais, as condición do convenio quedarán automaticamente anuladas se a patronal non asina o seguinte convenio.

 Tamén queda á vontade do empresario a mobilidades xeográfica e funcional, as modificacións da xornada, a rebaixa do salario ou o cumprimento do convenio con tal de usar a contabilidade como escusa.

 Paralelamente, impoñen recortes nos servizos sociais básicos (saúde, educación, vivenda) e destrúen a solidariedade social co argumento de que é necesario en tempo de crise para saír adiante.
 Desmantelan e levan á creba á Seguridade Social ao reducir continuamente as cotas empresariais coa escusa de fomentar unha contratación que non é máis que escravismo laboral.

 Esta é a realidade que nos está tocando vivir. O capitalismo e o goberno –os dous da man- aliados contra os traballadores e contra o conxunto da sociedade.
 
 O goberno e os poderosos ocultan que o gasto social do Estado Español é dos máis baixos da Unión Europea, ocultan que a débeda do Estado é baixa, ocultan que a función pública ten moitos menos empregados que calquera outra en países das condicións do español, ocultan que as grandes fortunas son das que menos impostos pagan, ocultan que os bancos e os ricos evaden cartos en paraísos fiscais, ocultan que o poder de compra diminuíu máis dun 20% nos últimos 10 anos, ocultan que a temporalidade vai en aumento reforma tras reforma e que é constante o empeoramento das condicións laborais mentres os capitalistas e os empresarios gañan cada vez máis.
 
 Esta situación non vai cambiar se os traballadores non alzamos a nosa voz para denunciala e non nos mobilizamos contundentemente contra a Reforma Laboral e a lexislación antisocial aprobada nos últimos meses, ata a súa completa derrogación.

 Con este obxectivo a CUT e a CGT convocaron esta Folga, aínda que saibamos que non será suficiente para botar abaixo as decisións desta manda de hienas. Por iso, a CGT e a CUT van continuar mobilizándose e agardan que algúns sindicatos non se deixen seducir polos cantos de sereas dos despachos de negociación. Os dereitos non se negocian, deféndense!, e só desde unha postura clara de defensa dos dereitos poderemos conseguir os nosos obxectivos.

 Non queremos rematar sen facer unha mención ás tres manifestacións de hoxe nas rúas da Coruña. Só a prepotencia dos chamados sindicatos maioritarios impide que hoxe esteamos todos xuntos nunha única manifestación. Agardamos e desexamos que as próximas sexan baixo a bandeira da unidade de acción.

Compañeiros e compañeiras,

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!

POLA DERROGACIÓN DA REFORMA LABORAL!»

 

Tras su lectura, intervino una integrante de la Asociación Sin Papeis da Coruña.

En definitiva, un día soleado, exitoso y festivo, con la única mancha de la actuación desorbitada de los piquetes policiales.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email