Diferentes grupos de piquetes informativos da CGT se puxeron en marcha dende última hora da tarde e concentráronse en varias empresas e polígonos industriais da cidade.

Na empresa Eurocen, do sector do telemarketing, os traballadores e traballadoras consiguen que non se impartan os cursos de formación previstos para o día da Folga Xeral. Tra-la presión colectiva, a empresa ten anunciado que os cursos non se levarán a cabo mañá.

Na empresa Zara Logística, no polígono de Sabón, un grupo de máis dun cento de traballadores se ten concentrado nas entradas coincidindo cós cambios de quenda de traballo. O seguimento da folga en Zara Logística está a ser prácticamente total en tódolas quendas que tiñan a entrada ás 22, 23 e 00 horas. Un helicoptero policial sobrevoou en todo momento a entrada da factoría, vixiando a presencia do piquete. Non houbo incidentes xa que case ningún traballador optou por non secundar a folga.

   

Outro piquete de militantes de CGT concentrouse  pouco antes da medianoite fronte a entrada da empresa de telemarketing Atento, na zona centro da cidade. Membros das asambleas locais do 15M tamén participaron no piquete. En total, medio cento de piquetes concentradas na entrada da empresa. Logo de se retirar a maior parte do piquete, a empresa tentou que regresaran algúns traballadores e traballadoras que á medianoite comezaran a xornada de folga, pero a intervención dos membros do comité de folga impediu que sairan coa súa.

   

En CEPSA, a empresa concesionaria do servizo de recollida, do lixo tiveron lugar incidentes entre esquirois e piquetes que tiñan bloqueada a saída de camións das cocheiras. Finalmente os poucos camións en servizos mínimos que lograran sair gracias á escolta policial, volveron a entrar.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email