O xoves, día 29, a CGT de Pontevedra, xunto coa CNT, convocan unha manifestación pola derrogación da Reforma Laboral, que sairá ás 13:00 horas da Praza da Ferrería.
A CGT chama á mobilización de todas e todos os traballadores para que participen activamente na Folga Xeral convocada e para que se sumen a esta manifestación para berrar que os dereitos non se negocian e que non aceptaremos as decisións antiobreiras que nos están impoñendo. O lema de pancarta unitaria dí: “Derogación da Reforma Laboral. Os dereitos non se negocian, deféndense. CNT e CGT”.
CGT-Pontevedra

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email