A asemblea de CGT-Pontevedra, celebrada o pasado 19 acordou a convocatoria e celebración de Manifestación o 29 de marzo, con motivo da Folga Xeral pola derogación da Reforma Laboral e a recuperación dos dereitos económicos, sociais e sindicais abolidos por esta Reforma e as anteriores. A manifestación sairá ás 13:00h da Plaza da Ferrería.

Todos os intentos realizados por CGT-Pontevedra para conquerir que na nosa cidade, durante a Folga Xeral, poidésemos as organizacións e grupos sindicais de clase realizar actos conxuntos, non deron fruto. As entrevistas con CC.OO (e UXT) e CIG confirmaron a decisión destas organizacións de realizar ese día sendas manifestacións protagonizadas en exclusiva por cada unha delas e por separado, en horas distintas, ás 11 e 12 da mañán, respectivamente.
Comité CGT-Pontevedra

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email