CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Convocatorias, Sindical

Solidariedade co compañeiro sancionado polo Banco Santander

06.02.12

As denuncias da CGT ante a situación de violencia reiterada no posto de traballo que veñen sufrindo os traballadores do Banco Santander, obtivo como resposta da empresa a inxusta sanción disciplinaria contra un dos nosos delegados.

Trátase dunha estratexia que pretende amedrentar aos representantes dos traballadores que denuncian situacións intolerables, có ánimo de acobardar a tódolos traballadores e traballadoras. Pero erran, a CGT continuará a defender os dereitos de todos e todas.

Así, están convocadas concentracións en solidariedade có compañeiro sancionado:

  • O día 7 de febreiro, ás 12 horas, no Distrito Financieiro de Madrid.
  • O día 15 de febreiro, ás 12 horas, ante a sede central do Banco de Santander no Cantón Grande da Coruña. E, ese mesmo día, ás 13-13,15 horas, antes a oficina principal da mesma entidade na praza de Santa Catalina, tamén na Coruña.

Dende a CGT non vamos a consentir que se nos intente calar mediante sancións, continuaremos denunciando pública e xurídicamente cada ataque aos nosos dereitos.

Acude e participa !

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux