Os compañeiros e compañeiras da CGT da Coruña en Correos levan xa tempo movilizándose en defensa dun servizo público postal de calidade, denunciando as actitudes represoras, os despidos, as modificacións de horarios, as rutas mal deseñadas, os espazos reducidos de traballo, os recargos indiscriminados, os expedentes disciplinarios, …

Por este motivo, a empresa volve a tentar silenciar a firme acción sindical que está a desenvolver a CGT. Agora tratan de impedir que a voz e a acción da Confederación chegue aos traballadores e traballadoras que desarrollan as súas tarefas no Centro de Tratamento Postal de Lavacolla, en Compostela, mediante a clausura do local sindical de CGT no centro o pasado 11 de xaneiro. Este CTA de Lavacolla é un grande Centro Postal Automatizado que mantén a súa actividade durante as 24 horas do día.

A resposta da CGT non se fixo agardar e, dende este luns, 16 de xaneiro ata hoxe mesmo, permaneceu no Centro un retén de militantes anarcosindicalistas, levando a mensaxe de loita a tódolos traballadores do CTA de Lavacolla a pesar das medidas que intentan silenciarnos, ainda que sexa dende as salas de descanso, no exterior do centro … non calarán a nosa voz!!.

Simultaneamente, se están a estudiar as medidas, tanto xurídicas como sindicais, que se van a levar a cabo nos vindeiros días para garantir os dereitos laborais e sindicais que teñen sido vulnerados coas conductas represoras da empresa, e para que os responsables destes feitos sexan apartados de calquera función de responsabilidade con carácter inmediato.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email