O día 12 de novembro, a CGT ten convocada en Madrid unha manifestación xeral de toda a organización «En defensa dos Servizos Públicos e Contra os Recortes Sociais».
 
A CGT da Coruña ten decidido a participación na manifestación, polo que organizará unha viaxe en autobús dos compañeiros que desexen desprazarse a Madrid. A saída do autobús está prevista sobre as 5 da mañá do mesmo sábado, día 12, dado que a manifestación comezará ás 12 horas na Praza de Cibeles.
 
Para anotarse é necesario comunicalo coa suficiente antelación, para poder organizar debidamente a viaxe.