A sucesión de despedimentos que se veñen producindo durante os últimos tempos en Unísono é máis que preocupante.

 

 

Para que vos fagades unha idea, Valencia pasou de ter 310 traballadores en xaneiro deste ano a 276 en maio. Xixón que era a única cidade que ata agora se librou, perderá 35 postos de traballo a próxima semana, o que supón máis dun 10% do seu cadro de persoal. O caso de Vigo é especialmente sanguento,

empezaron o ano 2011 con 926 traballadores e só 5 meses despois só quédanlles 593 dos que hai que descontar 151 indefinidos (VODAFONE E FRANCE TELECOM) que irán á rúa antes do 24 de xullo pola aplicación dun ERE, ademais, case outros tantos serán despedidos polas finalizacións de VODAFONE ADSL e FRANCE TELECOM VOZ E DATOS, total que ao finalizar este mes perderían o seu emprego dúas terceiras partes dos traballadores de Vigo.

En Madrid pasa máis do mesmo. Aos fins de obra nas campañas de TRAVEL CLUB, VODAFONE CANLE e ZENDIS hai que engadir os despedimentos por artigo 17 en GAS NATURAL, IBERDROLA e FRANCE TELECOM. pasamos de ter uns 4.250 traballadores en xaneiro de 2011 a ser agora mesmo pouco máis de 3.500, o que supón que perdemos 750 postos de traballo nun amén. A ninguén se lle oculta tampouco que estes despedimentos veñen propiciados, ademais, pola deslocalización que a propia Unísono está realizando para moitos dos seus servizos, trasladándoos a un prezo menor aos centros de Chile e Colombia.

Con todo, Unísono tivo resultados record durante o exercicio do ano pasado, obtendo beneficios limpos de po e palla por importe de 5.267.000 € (uns 1.000.000.000 das antigas pesetas) e case duplicando o que gañaron o ano 2009. Xa que logo, a empresa non vive un momento de crise económica. En absoluto. Máis ben, decidiron aproveitar o ambiente xeneral de “estamos en crise” para perpetrar profundos cambios respecto do persoal co único fin de gañar aínda máis, e facelo aínda máis rápido. Mentres nunhas provincias a empresa fai indefinidos “a dedo” noutras decide a quen deixa no paro, mentres se contrata a xente da rúa para novos ou vellos servizos.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email