Deteñamos 268 despedimentos!

 

A folga será de todo o día pero estaremos concentrados nas portas de unísono de 12.00 a 14.00 horas.

 

Facemos un chamamento a toda a cidadanía para secundar a concentración pola defensa de centos de postos de traballo que a empresa pretende deslocalizar a América Latina.

Unísono, empresa que se dedica ao telemarketing (atención de chamadas de outras empresas) e que ten clientes tan importantes como Orange, Vodafone, Gas Natural, Iberdrola ou Ing Direct, chegou a dar traballo a máis de mil persoas en Vigo, aproveitándose de subvencións pagadas cos cartos de tod@s. A pesar dos seu cuantiosos e crecentes beneficios, que no ano 2010 aumentaron un 35% con respecto a 2009, levan 600 despedimentos nun ano, e agora presentan un ERE de extinción para despedir a 151 traballadoras/es máis e a total liquidación da campaña de Orange con 117 persoas máis que van á rúa. Corremos o risco de ficar sen centro de traballo.

Nun sector que non fai máis que medrar, non existe xustificación para estes despedimentos, que castigan ademais a sectores de poboación tan precarizados como mocidade e mulleres. A empresa, de acordo cos seus clientes, na súa maioría de servizos telefónicos, maximiza os seus beneficios DESLOCALIZANDO o traballo en países Latinoamericanos, onde sobreexplota traballadores/as con salarios miserables.

É inadmisible que nos utilicen ao seu antollo, que lle saia tan barato, e que os gobernos de Madrid e a Xunta lle permitan estas prácticas. As últimas reformas laborais non fan máis que facilitar e abaratar o despedimento para gran beneficio duns poucos privilexiados.

COMO PODO AXUDAR A DETER ISTO?

  • As persoas usuarias de ORANGE e YA.COM, esixindo o dereito de ser atendidas en galego en calquera produto.
  • As persoas non usuarias, deixando de contratar os seus servizos de móbil, adsl e telefonía fixa con ORANGE e YA.COM (ambas filiais de France Telecom), como medida de presión e en apoio ás traballadoras e traballadores de Unísono-Vigo.
  • Apoiando as mobilizacións convocadas polo Comité de Empresa.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email