CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Sindical

1º de maio na Coruña

01.05.11

Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema “Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión”, uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

“Comisións, UXT, sindicatos do poder”, “Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión”, “Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira”, “Obreiro despedido, patrón colgado”, “Obreira despedida, patrón colgado“, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse “A las barricadas” e “A Internacional”, e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux