Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

no seu conxunto, fíxose un repaso aos conflictos abertos na bisbarra: ERE de Rodman, represión sindical en Citroën e Elyme,  e tamén se tocou o contexto internacional de guerra cunha aposta decidida polo antimilitarismo e o apoio a iniciativas como a Obxección Fiscal aos Gastos Militares. Se ben, cabe destacar neste alegato final o apoio aos compañeiros da CUT detidos e encarcerados pola súa actividade sindical, quizais este ano o protagonismo principal foi para eles, esixindo a súa inmediata posta en liberdade.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email