O Secretariado Permanente da Federación Local de Vigo da Confederación Xeral do Traballo diante da detención a semana pasada de dous compañeiros da Central Unitaria de Traballadores quere manifestar á opinión pública e ao conxunto dos traballadores/as o seguinte:

1.- Amosar a nosa solidariedade cos compañeiros detidos, as súas familias e coa Central Unitaria de Traballadores.

2.- Nun estado de dereito un dos principios fundamentais é a presunción de inocencia, isto é, calquera encausado non ten a obriga de demostrar a non comisión do delicto que se lle imputa, senón que son os tribunais os que deben demostrar a súa culpabilidade. As novas publicadas na prensa durante toda a semana pasada, salvo raras excepcións, vulneraban gravemente este principio.

3.- A intencional relación entre a actividade sindical dos compañeiros detidos e as supostas accións violentas que se lle imputan supoñen un intento de criminalización dun modelo sindical combativo, asembleario e de base que se rexe exclusivamente pola defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras.

4.- Reclamamos a inmediata posta en liberdade do compañeiro Telmo e o cesamento da campaña represiva que o sindicalismo asembleario e de base está a sufrir tanto en Galiza como no conxunto do Estado Español.

 

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email