Un novo despido na ONG recoñecido pola inspección de traballo como improcedente

 

En setembro do ano pasado a ONG Amarante Setem protagonizou un dos conflitos laborais máis sonados entre a esquerda social galega, ao despedir improcedentemente á súa única traballadora indefinida baixo a reforma laboral arquitectada polo capital e os seus xestores, coa total connivencia do sindicalismo domesticado.

A partir deste feito -anticipado polo proceso de organización das traballadoras fronte aos incumprimentos laborais verificados e as frustradas tentativas de atallalos mediante a vía do diálogo coa directiva- a entrada en escena das centrais sindicais CUT e CGT abriu a caixa de pandora das prácticas de xestión de persoal desta asociación, revelando a deriva empresarial adoptada pola mesma.

Vulneración da legalidade laboral mínima, non aplicación dos convenios de referencia, contratación fraudulenta, fraude á seguridade social, inequidades salariais, negativa á negociación colectiva…

Todas estas tropelías, que veñen sendo denunciadas polas centrais sindicais durante os últimos seis meses, dan mostras non só dunhas nefastas prácticas laborais, impensables nunha entidade co halo “progresista” como é o caso da que nos ocupa, senón dunha total falta de ética e do baleiro que resulta o seu discurso unha vez coñecido o seu recente historial de atropelos nos dereitos das traballadoras.

Así, logo de que se notificara a investigación por parte da autoridade laboral competente dos incumprimentos detectados e denunciados no seu día, produciuse o segundo despedimento improcedente no seo desta asociación, malia que esta quixera encubrilo como un cese de contrato. Para tal, empregou o mesmo modus operandi adoptado no mes de setembro cando despediu a súa primeira traballadora: outorgar vacacións por un período superior ao que correpondía por lei ata a data de finalización do contrato co ánimo de que a traballadora non regresase ó centro de traballo, retirada inmediata das chaves do mesmo centro de traballo e dos contrasinais das contas de correo electrónico (principal ferramenta de traballo).

Este comportamento denota a principal motivación destes ceses que non foi outra que eliminar a reivindicación e a defensa dos dereitos das traballadoras do seo desta organización. Unha vez máis estamos ante unha prática extendida entre a patronal mais pouco propia dunha entidade que enarbola a bandeira da defensa dos dereiros laborais e humanos nos países do Sur.

Pese ao despedimento da compañeira e do esfacelamento do plantel que ousou cuestionar as práticas laborais da organziación, o conflito en AMARANTE Setem obtén a ratificación pola Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña da contratación fraudulenta e recoñecimento da improcedencia do despedimento, alén da confirmación, subsanación e correpondente penalización por outros incumprimento entre os que destaca o fraude á seguridade social.

Este vinculábase á rebaixa nas cotizacións das traballadoras e introdución dunha cuantía non cotizable nas nóminas baixo a forma dun plus, sen que se especificara o concepto do mesmo, incurindo polo tanto nunha clara vulneración legal e no conseguinte empeoramento da protección social das traballadoras (incapacidades, seguro desemprego e demais pensións da seguridade social).

O panorama complétase coa actitude que a organización ven mantendo ao longo de todo o conflito, e que nas últimas semanas volveu a lucirse cun novo intento de fracturar a unidade entre as traballadoras no xeito de plantexar unha posíbel negociación, tratando así de diluír un conflito que sempre defendemos como coletivo ao atentar contra os dereitos de todo o plantel.

Chegadas a este punto, no que a xudiciliazación do conflito é xa unha realidade debido á pouca disposición da directiva de AMARANTE Setem á negociación e ao diálogo e aos seus reiterados intentos de pisotear a dignidade das súas traballadoras, as centrais sindicais CUT e CGT non abdicarán de seguir coas accións de mobilización necesarias para trasladar á cidadadanía a verdadeira cara de organizacións que se agochan tras a careta do progresismo de salón.

Porque non se poden recoñecer dereitos no Sur e negalos no Norte!

CONTRA OS ATROPELOS LA BORAIS E A PRECARIEDADE NAS ONG´S!!!

ESTA XANELA ÍMOLA PECHAR!

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email