CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

A Coruña, Convocatorias, Sindical

Paros en Eurocen na Coruña

11.02.11

Esta semana a empresa Eurocen, do sector do telemarketing, modificou preto de 150 traballadores o seu horario dun día para outro , incumprindo a lexislación laboral e os acordos acadados co comité. Ademais, trátase de horarios provisorios “ajustados a las necesidades de servicio actuales”. A intención da empresa é clara: Impor rotacións dos fines de semana mensualmente, o que implica rematar có calendario laboral anual, no que están establecidos os horarios anuais e os fins de semana que toca traballar ao longo do ano. Modificar os horarios en funcións das “necesidades del servicio” supón na práctica: obrigar a traballar os fins de semana que non corresponde se MoviStar ou calquer outro cliente decide que vai a haber más tráfico de chamadas, impor traballar 11 días consecutivos… A esto debe unirse a política de “ascensos” a dedo, os despidos, as modificacións nos incentivos (cada vez cobramos menos), o oscurantismo nos cambios de quenda e departamento, as faltas de respeto, …

Esta actitude é totalmente inadmisible. ¿Non é tempo de que os traballadores de Eurocen digamos alto e claro que cos nosos dereitos non se xoga?  ¿Estamos dispostos a seguir tragando? ¿Non é tempo de decir: BASTA!!!? Para a CGT é o momento de que todos e todas plantemos cara a esta dirección e, unidos, impidamos que se sigan a vulnerar os nosos dereitos. Por todo isto, a CGT, xunto ao resto das organizacións sindicais presentes no Comité de Empresa, ten convocado legalmente paros dunha hora de duración para o vindeiro mércores, 16 de febreiro, de 12:00 a 13:00, e de 18:00 a 19:00.

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux