En Vigo, destaca a xornada de folga pola  forte represión policial con continuos rexistros ós  sindicalistas, así como o exaxerado número de furgóns de policías antidisturbios.  Hai que suliñar  a detención de cinco persoas no grupo de piquetes da CUT no centro da cidade.

Aínda asi o  seguemento da xornada de folga estase a dar nun porcentaxe baixo para a hostelería, medio-alto na industria así como un máis que aceptable seguemento  en Citroen. Nesta factoría organizouse un grupo de piquetes máis  numeroso  que na anterior folga xeral do 29 de setembro.