CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Pontevedra, Sindical

27 Xaneiro: Folga Xeral e manifestación en Pontevedra

21.01.11

O día 27, día da Folga Xeral, a CGT de Pontevedra convoca unha manifestación que sairá, ás 19:30 horas, da Praza da Ferrería.
Con motivo da convocatoria da Folga Xeral e anuncio da manifestación, a CGT da Pontevedra reparte o seguinte manifesto:
“A CGT fai un chamamento á clase traballadora e á toda a sociedade pontevedresa para que participe, o próximo 27 de xaneiro, na Folga Xeral e na manifestación dese mismo día que sairá ás 19:00h da Praza da Ferrería. É un chamamento para loitar pola en defensa dos dereitos sociais, laborais e económicos dos traballadores e en protesta polas políticas antisociais do goberno. Só unha mobilización xeral, ampla e firmemente levada a cabo pola clase traballadora conseguirá acadar as reivindicacións formuladas nesta folga:
• Esixir traballo para todos
• Impoñer a derrogación da Reforma Laboral
• Deter a ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións


Esixir traballo para todos

Máis de catro millóns de persoas están no paro, das que máis de un millón douscentas mil non perciben ningunha prestación, condenadas a subsistir na economía sumerxida ou na exclusión social máis absoluta; máis de medio millón sobreviven con 426 euros mensuais; máis de nove millóns de traballadores teñen rendas inferiores aos 9.000 euros ao ano; o 20 % da poboación española vive na pobreza, ata o extremo de que máis de un millón de persoas tivo que arrastrar a súa dignidade para ser alimentados nos comedores de caridade o ano pasado.
Impoñer a derrogación da Reforma Laboral
Fai catro meses, o 29 de setembro, o conxunto das organización sindicais deste país (tamén as que agora están a renunciar á loita polos dereitos da clase traballadora e celebran un paripé de negociación, tan inútil como desmobilizador) convocáramos unha folga xeral contra esta Reforma Laboral. Pese ó éxito de participación a folga do 29 S aínda non logrou paralizar a Reforma, polo que a loita debe continuar, con máis razón e forza se cabe.
Deter a ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións
O goberno pretende modificar o sistema de pensións endurecendo os requisitos para conquerir unha prestación contributiva e o método de cálculo para determinar á baixa a cuantía da prestación dos novos pensionistas. Así, pretende elevar a idade ordinaria de xubilación aos 67 anos, esixir un mínimo de 20 anos de cotización para ter dereito e subir de 15 a 20 ou 25 anos o período de cálculo.
O que en realidade hai detrás destas medidas é o propósito de reducir o importe das pensións a corto prazo, fomentar os plans privados a medio e provocar a desaprición do sistema público a largo prazo; sistema público que quedará como sistema residual de asistencia social.
Por todo esto a mobilización é imprescindible
Os traballadores non podemos quedarnos de brazos cruzados e non podemos tolerar que esta situación continúe ou que aínda empeore. A CGT considera que está nas nosas mans, dos traballadores e traballadoras, cambiala. O día 27 a clase obreira galega está chamada á Folga Xeral, pero non estamos sos. O mesmo día, a CGT, con outros sindicatos, convocou Folga Xeral tamén en Cataluña e en Navarra; tamén a CGT ten convocadas manifestacións en apoio destas folgas en moitos puntos do territorio español; os traballadores de toda Europa estanse mobilizando tamén ante as medidas adoptadas polos seus gobernos respectivos.
O éxito da xornada de folga do día 27, como ocorreu coa do 29 de setembro pasado, dará pulo aos que, como a CGT, consideramos que o día seguinte temos que comezar a planificar as novas accións que permitan que todos xuntos deteñamos as políticas antiobreiras do actual goberno. Tamén o éxito desta folga será a garantía de que se evitará o entreguismo do sindicalismo que pretenda negociar dereitos laborais por subvencións.”

CGT – Pontevedra

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux