Que Unísono despida a miúdo de maneira improcedente, é algo que xa non nos sorprende. Unísono quere estar á última en canto a esta moda e oleada de despidos, e como non, faise notar.
O pasado día 23 de decembro comunicou á Sección Sindical da CGT en Unísono Vigo a apertura dun expediente contradictorio á compañeira Alicia Moreiras Vázquez, da campaña RCI na cal ponse de manifesto unha evidente disminución do traballo de maneira voluntaria. A compañeira en cuestión, cursou baixa por IT na empresa o pasado mes de Outubro. Facendo mención a citada comunicación á disminución do rendimento nos meses de decembro de 2009 a Marzo de 2010. Esto fainos comprender que a empresa amosa a máis que unha actitude hostil hacia os seus traballadores.

Por se esto fora pouco, da á Sección un prazo de 48 horas dende a recepción do mesmo expediente ( 23 de decembro ás 16:10 horas) para realizar as alegacións oportunas. Prazo máis que insuficiente para convocar ó Comité de Empresa quen non foi notifican o inicio do expediente contradictorio.

Igualmente, e relacionado coa suposta falta de rendemento, e como elemento probatorio, faise indispensable o coñecemento dos criterios que a a empresa utiliza para calcular os porcentaxes de rendemento que especifica á comunicación da apertura do expediente contradictorio. Coma é coñecido pola empresa, estos criterios e xa a Inspectora de Traballo adverteu previamente á empresa que ten que informar ó Comité de Empresa dos varemos de calidade para que emitira un informe sobre os mesmos.

A día de hoxe continuamos sen ter claro que procedemento séguese para a realización das auditorias: mensual, trimestral o anualmente. Xa que dende que a traballadora cursou baixa por IT, non se fai mención ó «exhaustivo control de calidade» ( que non parece ser máis que un método sacado da familia Ruiz- Mateos » a dos flanes de ovo»). Posto que os meses anteriores e próximos á data do feito causante non fan mención.

Unísono mostra unha falta de espíritu navideño por moitos cestos de turrón entregue ós seus traballadores en activo e depositan a confianza en mandos intermedios sen unificación de criterios de valoración ós axentes e faltos de formación específica para impartir ós seus subordinados das tarefas a desenrolar na súa campaña. Este problema moitas veces desemboca en continuos desprezos, amenazas, sancións e incluso despidos ós seus axentes.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email