A Folga do día 29 de setembro foi un éxito, ninguén medianamente obxectivo o pon en dúbida. A participación dos sindicatos de Galicia na mesma foi tamén salientable. Quizais sexa por isto, polo que practicamente dous meses despois da mesma continúan chegando aos compañeiros que participaron activamente acordos de incoacción de expedientes sancionadores. Aínda que os feitos que nestes expedientes se describen son propios de mentes moi imaxinativas, a última comunicación de apertura de expediente é a máis «espectacular». O pasado 14 de decembro un compañeiro do metal reciviu esta comunicación onde se lle acusa de «tenencia de tornillos en vía pública», sancionable con 400 €. ¡Impresionante! Resulta que agora ter/levar tornillos na vía pública é un feito que atenda contra a Lei de Seguridade Cidadan.

Estamos ante unha política que se leva aplicando na comarca de Vigo dende as pasadas mobilizacións do Metal e que non pretende outra cousa que amedrentar as/os traballadores para impedir a súa participación en accións mobilizadoras. O Estado pretende criminalizando aos traballadores/as e as súas organizacións sindicais que estes cedan por esta presión económica na defensa dos seus lexítimos dereitos.

Atentos os carpinteiros!!!!

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email