Como todos/as sabedes a Confederación leva máis de dous anos desenvolvendo unha campaña a prol da convocatoria dunha folga xeral que tentara poñer freo ás políticas postas en práctica polo goberno ao dictado do capital. O 29 de setembro, finalmente, e por presión do conxunto dos traballadores/as os sindicatos institucionais decidiron convocar esta folga.
 
O éxito na comarca de Vigo tanto do paro como das manifestacións ( e no conxunto do Estado Español ) é innegable, e como daquela dixemos, era fundamental a participación de todos/as para que a «xestión» posterior da folga non volvera a caer nas máns de CCOO e UGT e negocien coa mobilización do conxunto dos traballadores/as novas privilexios para eles.

O  mesmo día da Folga a CGT anunciaba que para nós a mobilización non remataba ese día e citaba a todos e todas para futuras accións. Está claro, todos/as así o entendíamos que unha xornada de Folga Xeral non ía a modificar as políticas do goberno e capital, máis cando esta xornada de Folga Xeral non ía a modificar as políticas do goberno e capital, máis cando esta xornada de loita fixárase para despois da aprobación da nova Reforma Laboral, moi a pesares da CGT.

Nestes días o goberno fixou como prazo máximo ( igual xeito de «negociar» que tivo coa Reforma Laboral) para negociar a reforma das pensións cos sindicatos institucionais, tres meses. Ao mesmo tempo, xa hai quen dí que a Reforma é insuficiente é que procede en non moito tempo unha modificación que faga aínda máis flexible o despido. Estas novas ameazas sobre os dereitos dos traballadores/as e os plans sobre o aumento da idade de xubilación, o aumento do cómputo dos anos para calcular as pensións e a mesma rebaixa ou conxelación das pensións mesmas non poden quedar sen resposta.

Así, CGT iniciou unha nova campaña de mobilizacións no conxunto do Estado Español para dende unha posición o máis unitaria posible, reclamar a modificación das políticas do goberno e a convocatoria dunha nova Folga Xeral.

Dentro desta nova campaña, a Federación Local de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos os afiliados/as a que participen nas accións e mobilización que se están a deseñar. O vindeiro mércores 24 de novembro convocamos unha concentración diante das oficinas do banco portugués Caixa Geral de Depósitos na rúa Policarpo Sanz número 5, ás 11 da mañá. Elíxese esta data para reiniciar as mobilizacións en Vigo por coincidir coa convocatoria da Folga Xeral en Portugal.

Ao mesmo tempo tamén vos informamos que a Confederación vai convocar no conxunto do Estado Español unha Folga Xeral de Consumo para o 21 de decembro. De todos xeitos, e dado o clima de crise xeralizada en Portugal, Irlanda e Estado Español e máis que probable que antes do 21 de decembro a Federación Local de Vigo organice novas mobilizacións das que seredes informados con toda antelación posible.

Sen máis e agardando que participedes como así o fixéches nas mobilizacións previas ao 29 Se e no propio 29. Contamos coa presencia de toda a militancia.