O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e «amarillo» decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) acataban o laudo e que este non dicía nada de anulación do proceso electoral. Pero sempre se colle antes a un metireiro que a un coxo.

Ante a ameza seria de que a autoridade xudicial procedera á anulación inmediata de todo o proceso, Citroën, que como todos eles, acataba o laudo, anuncia ao xuíz encargado do caso a súa intención de presentación, nos xulgados, dunha demanda contra o mesmo. Pero en que quedamos, acatan ou non? Que sucede aquí?

O que sucede é que a presentación desta demanda fai que o laudo non adquira  firmeza, e polo tanto, haxa que agardar á resolución da mesma para que proceda a súa aplicación. Parece que algúns pola factoría de Vigo están un tanto cagados. Pero non pasa nada, a anulación das eleccións en vez de producirse mañá produciranse dentro dun pouco máis de tempo. Máis nada

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email