CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Social, Vigo

CGT impugna o proceso electoral en Citröen

11.10.10

Ante as graves irregularidades que se están a producir no proceso electoral en Citröen-Vigo, a CGT decidiu impugnar todo o proceso.

Con data 9 de outubro de 2010, a CGT presentou ante a Delegación da Consellería de Traballo e Benestar unha impugnación do proceso electoral das eleccións sindicais na empresa PSA Peugeot-Citröen ante os vicios graves que afectan ás garantías do proceso electoral e que poden alterar o resultado das Eleccións Sindicais.

Os motivos que levaron a tomar esta medida, son unha sucesión de decisións por parte da esa Electoral que non cumpren coa Lei, e son as seguintes:

- O Censo Laboral, tal e como determina a Lei, debería estar pechado o día do preaviso electoral, o 27 de xullo. Algo que non aconteceu nesta ocasión.

- A mesa só publicou o Censo Electoral provisional, en ningún momento publicou o Censo Laboral. Esta non é unha cuestión menor xa que o censo laboral é a base, segundo a normativa laboral, para determinar o número de representantes a elixir. É precisamente este carácter determinante o que fai que a súa publicación sexa un requisito imprescindible no proceso electoral.

- O censo electoral so foi exposto nas porterías da fábrica e non nos taboleiros de anuncios, contradecindo o principio de publicidade que exixe o Estatuto dos Traballadores.

Por último, tal e como se fixo nas anteriores eleccións sindicais no ano 2006 a Mesa determinou o número de representantes a elixir “de acuerdo con la plantilla existente a día de la fecha” e non coa suma dos traballadores fixos ou con contrato superior a un ano máis as xornadas dos contratos iguais ou inferiores a u ano, dividido por 200, tal e como marca o artigo 72 do Estatuto dos Traballadores. Como consecuencia desto os representantes a elixir nos máis que o número que legalmente procedería, o que beneficia claramente aos sindicatos institucionais en detrimento das organizacións de clase.

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux