Como todos/as sabedes o día 29 de setembro está convocada unha Folga Xeral, CGT foi o primeiro sindicato en presentar a convocatoria, coincidente coa que días despois fixeron os sindicatos maioritarios. CGT leva máis de dous anos nunha campaña encamiñada a convocatoria dunha Folga Xeral, non obstante tamén sabemos que esta folga, a folga do 29 está concebida polos maioritarios como unha «lavada de cara», xa que non é lóxico convocar unha Folga Xeral contra unha lei aprobada, ¿porque agardar a que se aprobe?.

Aínda así, dende CGT facemos propia a convocatoria de folga, pero o facemos dun xeito sustancialmente diferente aos maioritario: a folga do día 29 non é máis que un paso dentro da campaña de mobilización contra as medidas do goberno, un paso dentro da campaña de movilización contra as medidas do goberno, un paso necesario e de importancia fundamental, xa que non podemos deixar que un hipotético fracaso desta convocatoria serva de escusa ao goberno e a patronal para dicir que os traballadores /as están a favor das medidas que se aprobaron definitivamente este 9 de setembro. Consecuentemente CGT continuará coas mobilizacións do goberno dende o día seguinte á folga xeral.
Pensamos que está nas mans dos traballadores/as rachar coa concepción que os sindicatos maioritarios fan desta folga xeral do 29 de setembro está nas nosas máns coa participación efectiva nas mobilizacións reconducir a folga para que esta pase a ser ese «lavado de cara» para convertirse no inicio dunha serie de loitas que poidan transformar as medidas do goberno e a patronal.
Non cabe dúbida de que as medidas aprobadas nesta nova Reforma Laboral supoñen un das agresións máis importantes contra os dereitos dos traballadores /as aos /ás que se lle fan único responsables de asumir o esforzo económico necesario para paliar os efectos da actual crise. A Asemblea Extraordinaria do noso sindicato celebrada o pasado 1 de setembro acordou a convocatoria dunha serie de mobilizacións previas á folga xeral, éstas son:

– Xoves 9 de setembro. Ás 19:00 horas  na sede do PSOE no Calvario.

– Mércores 15 de setembro. Ás 19:00 horas  na sede da Confederación Provincial de Empresarios en García Barbón 104.

– Mércores 22 de setembro. Ás 19:00 horas  no cruce de Colón.

– Mércores 29 de setembro. Manifestación ás 12:00 horas dende a Praza Fernando Católico ata a Praza da Estrela.

Agardamos a vosa participación nestas mobilizacións previa a Folga e nas que se vaian deseñando posteriores á mesma.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email