Despois de toda unha noite de piquetes centrados fundamentalmente nas empresas do telemarqueting e en Citröen, a manifestación convocada por CGT en Vigo ás 12 da mañá resultou un éxito absoluto e se convirte na mobilización máis grande convocada pola Federación Local. Aínda que a prensa, «El Mundo»  nos outorga 3.000 participantes, cifras máis cercanas a realidade poden ser sobre 2.000. Hai que lembrar que esta manifestación foi convocada exclusivamente pola Federación Local de Vigo.

A mobilización foi un tanto accidentada, xa que non poido rematar onde tiña previsto (a praza da Estrela) debido a que a Subdelegación do Goberno autorizou a última hora e sen informarnos a modificación do remate da manifestación de CC.OO e UGT en principio prevista para a Porta do Sol e que finalmente rematou na praza da Estrela. Ao remate da manifestación, que finalmente foi na Porta do Sol, o secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, dirixiuse aos manifestantes para lembrar que a folga xeral non é o final das mobilizacións e que CGT comezará a partir do dia 30 de setembro a planificar novas accións.

Rematada a manifestación un nutrido grupo de compañeiros/as constituise en piquete para impedir a entrada dos quebrafolgas nas quendas de tarde.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email