Por medio da presente convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios de Vigo o vindeiro mércores día 1 de Setembro ás 19:30 horas no local do Sindicato ca seguinte orde do día:

1. Elección da mesa da Asamblea.

2. Preparativos da Folga Xeral convocada por CGT o 29 de Setembro de 2010.

Como saberás a CGT leva perto de dous anos, avisando do que se nos viña enriba co tema da «crise» , de como a patronal comezaba a sacar tallada da mesma coa extensión e multiplicación masiva dos ERE’s coa complicidade da clase política, e xa entón albiscabamos que os poderosos e propietarios querían facernos pagar a nós as consecuencias da súa corrupción e especulación. Por elo, xa en decembro de 2008 participabamos nunha manifestación en solitario denunciando esta situación a as inxeccións de cartos públicos á banca, para despois ir confluíndo con todos aqueles sindicatos e colectivos a prol dunha Folga Xeral que mudara a dinámica de recortes que se aveciñaba, liña definida no XVI Congreso Confederal (Málaga).

Os recortes comenzaron co tixereitazo e conxelación de pensións e os soldos na función pública, así como coa eliminación de outras medidas de carácter social. O goberno xa aprobou neste mes de xuño unha nova reforma laboral que supón un gravísimo retroceso nos nosos dereitos e unha mudanza no carácter das relacións laborais sen precedentes: bríndalle o despido máis sinxelo e barato aos empresarios, posibilita novos contratos con menos dereitos para os traballadores e máis subvencións ca nunca para a patronal, transforma en papel mollado a negociación colectiva mediante unha cláusula de inaplicación salarial daquelas empresas que acreditan unha disminución dos seus beneficios, flexibiliza as condicións de traballo ata a extenuación, podendo modificar substancialmente as mesmas por razóns empresariais ( xornada, quendas, sistema de renumeración, funcións, ……..) e, como colofón, abre a vía para privatizar os servizos públicos de busca de emprego.

Ante todo isto, e continuando na liña iniciada no 2008 por este Sindicato e a Organización no seus conxunto, pódese dicir que os tempos son chegados. Debemos parar xa esta escalada  agresiva. Está convocada xa a Folga Xeral. E o noso papel nesta Folga, que ten o carácter de unitaria, é o de amosar con firmeza o noso rexeitamento visceral e apaixonado a este cúmulo de agresións salvaxes do capital, e plasmar e difundir as nosas alternativas ao conxunto da sociedade.

Agardamos a túa participación nesta Asemblea, fundamental no funcionamiento deste Sindicato, e especialmente neste tempo que nos toca vivir.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email