CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Vilagarcía

Manifestación en Vilagarcía por Alfageme

13.06.10

O venres, día 11 de xuño, máis dun centenar de persoas acudiron a manifestación convocada por CGT en Vilagarcía en defensa dos postos de traballo na factoría de Alfageme en Vilaxoán (ex-Conservas Peñas) e pola continuidade da actividade conserveira na bisbara.

A loita das traballadoras e da CGT na defensa dos postos de traballo da conserva na fábrica de Vilaxoán continúa, máis firme que nunca se cabe, ante o perigo de que o ERE remate coa liquidación da empresa.
As traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT esixen á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE avalou os Plans especulativos e ruinosos da inmobiliaria Promolar que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos públicos comprometidos.

Esixen tamén aos propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante a continuidade da produción conserveira coa actual plantilla e con todos os seus dereitos recoñecidos.

Reclaman a administración concursal o cumprimento da finalidade do ERE suspensivo: a continuidade da actividade produtiva conserveira no máis breve tempo posible.

Ate agora Promalar e seus aliados lograron pechar a fábrica de Vigo e levar ó paro a máis de cen traballadores, grazas a pasividade, cando non complicidade, dos seus representantes sindicais, a CIG e UGT. O eslogan máis repetido na manifestación facía alusión a este feito: “¡Vilaxóan non se pecha! ¡Non, non, non, non o lograrán, pechar Vilaxoán!”.
A loita continúa.

CGT – Arousa

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux