CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Convocatorias, Pontevedra, Sindical

O luns, 31 de maio, paro e concentración en Tráfico de Pontevedra

23.05.10

Para o día 31 de maio, luns, a CGT de Pontevedra convoca un Paro na Jefatura de Tráfico de Pontevedra e unha concentración diante da súa oficina, ás 12 da mañán.
Dous meses de suspensión de emprego e soldo para o compañeiro Rodrigo Vázquez Arias teñen a culpa.

Este venres, 21 de maio, entregáronlle ó compañeiro Rodrigo a proposta de resolución do seu expediente disciplinario. Dous meses de suspensión de emprego e soldo, é o que pide a instructora do expediente.
Faino despois dunha instrucción, que non pode ser calificada senon como fraude: escóndelle escritos que non llos ensina ata que está fora de prazo para presentar alegacións ou pedir a práctica de probas, non lle comunica a toma de declaración que lle fai a tres funcionarios, manipula as declaracións destes, denega a realización de probas propostas polo compañeiro e mais polo Sindicato sen máis motivación que “no resultan procedentes”, etc etc
Esta sanción de dous meses é a proposta que a instructora lle fai ó Subsecretario de Interior, que é quen ten a capacidade legal de asinar unha sanción. Por iso, a CGT de Pontevedra considera necesario e imprescindible enfrentarse públicamente a esa agresión antes de que o Subsecretario estampe a súa sinatura.
Dende esta páxina web, facemos un chamamento a toda a afiliación, e simpatizantes, para conseguir unha boa concentración, que interrompa o tráfico e se signifique.
Despois desta concentración en Pontevedra, tense prevista outra diante do Ministerio de Interior, en Madrid e tamén anunciaremos a súa convocatoria.
¡Acudide á Concentración!
¡Basta de dictadura en Tráfico!

SUTSO – CGT. Pontevedra

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux