CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Convocatorias, Sindical, Vigo

Manifestación contra as medidas do goberno:

22.05.10

A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oitos organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral. Así facemos un chamamento a todos os afiliados e simpatizantes para que o día 27 de maio ás 20:00 dende a Vía Norte participen na manifestación contra as agresións do capital e pola folga xeral. Non nos quedamos calados /as.

A semana pasada o goberno de Zapatero comunicou a intención de levar a cabo un plano de choque contra o déficit público: conxelación das pensións, rebaixa salarial aos empregados-as públicos ( moitos deles non son nin mileuristas), eliminación dos cheques-bebes, eliminación de supostos para a xubilación parcial, precarización das axudas para os dependentes. Estas medidas únense ás xa tomadas con anterioridade: suba do IVE, ampliación da idade de xubilación e dos anos para o cómputo das pensións, e está a piques de chegar unha nova reforma laboral que polo que se coñece non vai ser máis que un novo ataque aos que menos teñen.

Fronte a isto o goberno mantén unha política fiscal regresiva, consinten a privatización da sanidade e da educación, subvenciona aos bancos con fondos públicos, e ás grandes empresas ao tempo que lles aproban EREs mentres non deixan de facer horas extra.

É sintomático que o goberno anunciara todas estas medidas que afectan fundamentalmente aos sectores máis débiles da clase obreira como a súa primeira opción, mentres que as medidas a tomar para gravar aos ricos aínda as tivera que pensar, non vaia ser que se molesten.

Ante esta situación, unha das máis graves que padeceu o Estado Español, os sindicatos institucionais tentan por todos os medios non mobilizar aos traballadores e que asistan impasibles mentres se lle fai pagar os efectos dunha crise que non provocaron.

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux