CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2010/04/xornadas-e-exposicion-sobre-as-pedagoxias-libertarias-na-coruna/
Export date: Wed May 27 6:47:57 2020 / +0000 GMT

Xornadas e Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, na Coruña.


O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño “Pablo Picasso” da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.

Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias galegas que foron deseñados por alumnos/as da Escola de Artes “Pablo Picasso” en colaboración coa CGT da Coruña.
A Exposición enmárcase dentro das Xornadas sobre Pedagoxías Libertarias que contarán cos seguintes actos:

  • Conferencia do recoñecido historiador Eliseo Fernández baixo o titulo “A Escola Racionalista na Galiza” (o día 22 de abril, ás 19:00)

  • Proxección do documental de Adolfo Dufour "Viva la Escuela Moderna"  que será seguida dunha charla-debate sobre "Ferrer i Guardia e as pedagoxías antiautoritarias" (o día 23 de abril, ás 19:00).


A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, ata o día 27 de abril.

Mais información en:

Blog Memoria Libertaria na Galiza 1

Folleto Exposición Pedagoxías Libertarias na Coruña 2
Links:
  1. http://memorialibertariagaliza.blogspot.com/
  2. http://www.cgtgalicia.org/wp/wp-content/uploads/20 10/04/Folleto-Exposición-Pedagoxías-Libertarias- 1.pdf
Post date: 2010-04-18 17:22:12
Post date GMT: 2010-04-18 16:22:12

Post modified date: 2010-04-18 18:22:42
Post modified date GMT: 2010-04-18 17:22:42

Export date: Wed May 27 6:47:57 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com