CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Convocatorias, Sindical, Vigo

1ª Semana Libertaria da CGT de Vigo: do 26 de Abril ao 1º de Maio de 2010

17.04.10

Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, vanse realizar unha serie de actos en Vigo para dar a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais coma sociais ou relacionados coa historia do movemento obreiro. Para dar o “pistoletazo” de saída o vindeiro luns 26 estará connosco o Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero Cubillo, e o Secretario de Organización do SP do Comité Confederal, Luis Romón Onrubia, para falarnos da crise e das respostas que está a artellar a CGT ante a mesma.

O calendario da SEMANA LIBERTARIA é o seguinte:

Luns 26: Respostas da CGT a crise (Secretariado Permanente da CGT estatal) ás 20:00 no Cristo da Vitoria, Rúa Baiona nº 9 (xunto á gasolineira).

Martes 27: Historia do Primeiro de Maio en Galicia (Isidro Román) ás 20:00 na Escola Popular Galega, Rúa Real nº 12

Mércores 28:  Que vai pasar cando se privatize a sanidade? A experiencia en Madrid. (Federación Estatal de Sindicatos de Sanidade e Hixiene – FESAN) ás
19:30 no IES Santa Irene, Praza de América nº 7

Vernes 30:  Mocidade e Anarcosindicalismo CGT (Coordenadora de Moz@s Anarcosindicalistas) ás 20:00 no CSA O Guindastre, Rúa Xulián Estévez nº 22, Teis.

Concerto: Bock-oi (Oi!) e Riff (Punk) ás 23:00 na Sala A Farándula, Rúa Roxelio Abalde nº 9, Churruca

Sábado 1: Manifestación do Primeiro de Maio ás 11:00 dende a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux