CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2010/04/1%c2%aa-semana-libertaria-da-cgt-de-vigo-do-26-de-abril-ao-1%c2%ba-de-maio-de-2010/
Export date: Fri Apr 10 12:46:18 2020 / +0000 GMT

1ª Semana Libertaria da CGT de Vigo: do 26 de Abril ao 1º de Maio de 2010


Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, vanse realizar unha serie de actos en Vigo para dar a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais coma sociais ou relacionados coa historia do movemento obreiro. Para dar o "pistoletazo" de saída o vindeiro luns 26 estará connosco o Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero Cubillo, e o Secretario de Organización do SP do Comité Confederal, Luis Romón Onrubia, para falarnos da crise e das respostas que está a artellar a CGT ante a mesma.

O calendario da SEMANA LIBERTARIA é o seguinte:

Luns 26: Respostas da CGT a crise (Secretariado Permanente da CGT estatal) ás 20:00 no Cristo da Vitoria, Rúa Baiona nº 9 (xunto á gasolineira).



Martes 27: Historia do Primeiro de Maio en Galicia (Isidro Román) ás 20:00 na Escola Popular Galega, Rúa Real nº 12

Mércores 28:  Que vai pasar cando se privatize a sanidade? A experiencia en Madrid. (Federación Estatal de Sindicatos de Sanidade e Hixiene - FESAN) ás
19:30 no IES Santa Irene, Praza de América nº 7

Vernes 30:  Mocidade e Anarcosindicalismo CGT (Coordenadora de Moz@s Anarcosindicalistas) ás 20:00 no CSA O Guindastre, Rúa Xulián Estévez nº 22, Teis.

Concerto: Bock-oi (Oi!) e Riff (Punk) ás 23:00 na Sala A Farándula, Rúa Roxelio Abalde nº 9, Churruca

Sábado 1: Manifestación do Primeiro de Maio ás 11:00 dende a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol

Post date: 2010-04-17 16:02:50
Post date GMT: 2010-04-17 15:02:50

Post modified date: 2010-04-22 17:55:27
Post modified date GMT: 2010-04-22 16:55:27

Export date: Fri Apr 10 12:46:18 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com