Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, vanse realizar unha serie de actos en Vigo para dar a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais coma sociais ou relacionados coa historia do movemento obreiro. Para dar o «pistoletazo» de saída o vindeiro luns 26 estará connosco o Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero Cubillo, e o Secretario de Organización do SP do Comité Confederal, Luis Romón Onrubia, para falarnos da crise e das respostas que está a artellar a CGT ante a mesma.

O calendario da SEMANA LIBERTARIA é o seguinte:

Luns 26: Respostas da CGT a crise (Secretariado Permanente da CGT estatal) ás 20:00 no Cristo da Vitoria, Rúa Baiona nº 9 (xunto á gasolineira).

Martes 27: Historia do Primeiro de Maio en Galicia (Isidro Román) ás 20:00 na Escola Popular Galega, Rúa Real nº 12

Mércores 28:  Que vai pasar cando se privatize a sanidade? A experiencia en Madrid. (Federación Estatal de Sindicatos de Sanidade e Hixiene – FESAN) ás
19:30 no IES Santa Irene, Praza de América nº 7

Vernes 30:  Mocidade e Anarcosindicalismo CGT (Coordenadora de Moz@s Anarcosindicalistas) ás 20:00 no CSA O Guindastre, Rúa Xulián Estévez nº 22, Teis.

Concerto: Bock-oi (Oi!) e Riff (Punk) ás 23:00 na Sala A Farándula, Rúa Roxelio Abalde nº 9, Churruca

Sábado 1: Manifestación do Primeiro de Maio ás 11:00 dende a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email