Panfleto de CGT – Arousa repartido hoxe, 16 de marzo, na concentración realizada polas representantes sindicais de CGT en Alfageme ante o edificio administrativo da Xunta (e do IGAPE) en Vigo.

As traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade produtiva conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos propietarios de Alfageme e pola irresponsable complicidade dos sucesivos gobernos da Xunta. Tamén lle esiximos á empresa que pague os salarios que adeuda. Non consentiremos ningunha ‘solución’ para as dificultades actuais da empresa, que non pase polo mantemento dos postos de traballo e a elaboración dun Plan de empresa que garante a continuidade da producción conserveira.
¿Cómo foi posible que unha coñecida empresa como Alfageme en tan só tres anos chegase a estar a piques da ruina económica e ameace con mandar ó paro a centos de traballadores e traballadoras, ó mesmo tempo que recibía da Xunta de Galicia, a través do IGAPE, avales bancarios por valor de máis de 44 millóns de euros? Non temos máis que repasar a historia destes tres últimos anos para saber o que pasou, quenes son os responsables e, por suposto, como podemos salir desta situación.
En decembro de 2006 a inmobiliaria Promalar fixose única propietaria de Conservas Alfageme, coas súas catro factorías, en Vigo (r/ Tomás Alonso), Ribadumia, O Grove (Marsac) e Vilaxoán (antes Conservas Peña). Apenas tres meses máis tarde os propietarios fixeron público un Plan Estratéxico, que anunciaba o peche das catro fábricas e a suposta construcción de duas novas, unha na comarca de Vigo e outra no Salnés. A operación íase financiar co valor dos solares liberados e ‘xenerosas’ axudas da Xunta de Galicia (os famosos avales por máis de 7.000 millóns das antigas pesetas), entre outras subvencións. Este era o verdadeiro obxectivo de todo o ‘Plan’: que a inmobiliaria Promalar quedase co solar da r/ Tomás Alonso en Vigo valeiro e, previa recalificación urbanística, poder adicalo á construcción. Antes, a representación sindical de Vigo(Comité de empresa e as centrais CIG e UGT) asinaron coa empresa un acordo polo que admitían o peche da histórica fábrica.
Só a CGT denunciou estes plans, por entender que se trataba dunha operación especulativa inmobiliaria, sin relación algunha coa industria conserveira, que poñía en perigo a continuidade de todos os centros de traballo, non só o de Vigo. Este Plan, sexa na sua versión antiga de 2007, sexa na versión actual do Plan de Viabilidade de 2009, non é máis que un fraude ós traballadores e a toda a sociedade, pois coa apariencia dunha estratexia industrial agóchase unha operación de desvío masivo de cartos públicos para petos privados.
A situación actual ven dando a razón á CGT e ás traballadoras de Vilaxoán, que se mobilizaron ó longo de tres anos para evitar a desfeita. Bastou que estalara a crise inmoboliaria … que o desinterés dos empresarios pola conserva desmerecera a producción … que a recalificación dos solares non cumplira todas as expectativas de Promalar … que a deuda financieira crecera sen control … e que os traballadores de Vigo, O Grove e Ribadumia tolerasen todo isto sen mobilizarse … para que estemos hoxe na situación límite que estamos a vivir.
A CGT esixelle á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE avalou este despropósito, que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos publicos comprometidos.
A CGT esixelle ós propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante os postos de traballo.
Vigo, 16 de marzo 2010