CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Orgánica, Pontevedra, Sindical, Vilagarcía

Asamblea CGT-Pontevedra

02.02.10

Neste mes de febreiro, días 20 e 21, terá lugar no local de CGT-Pontevedra, o Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia que, entre outras cuestións, abordará a mobilización posible en Galicia cara a Folga Xeral que tenta promover a CGT en todo o seu ámbito.

A CGT-Pontevedra convoca a todos seus afiliados para que participen nos Encontros de debate e na Asamblea Xeral fixados neste mes de febreiro. Os temas a debater e sobre os que tomar decisión veñen recollidos na orde do día do Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia e tamén sobre as loitas e conflitos que estamos a levar a cabo en Pontevedra-Arousa: Alfageme, sancións a Rodrigo, Caixanova, Correos, ameaza de nova Reforma laboral, perda do poder adquisitivo das pensións e incremento da idade de xubilación, etc.
1º Encontro: Luns, día 8, ás 19,30h, na sede de CGT-Pontevedra (r/ Pasantería)
2º Encontro: Mércores, día 10, ás 19,00h, na sede de CGT-Arousa (r/ Baldosa)
Finalmente, convócase Asamblea Xeral do Sindicato (decisoria) para o xoves, día 18 de febreiro, ás 20:00h, na sede de CGT-Pontevedra (r/ Pasantería, 1), ca orde do día seguinte:
- Orde do día do Pleno de Sindicatos de Galicia.
- Intervención da CGT nos conflitos locais
- Ameaza de nova Reforma Laboral e ataque os dereitos laborais, poder adquisitivo dos traballadores, xubilacións, etc. A folga xeral

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux