CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2009/12/concentracion-por-palestina/
Export date: Sat Aug 8 9:10:57 2020 / +0000 GMT

Concentración por Palestina


Varias organizacións de Pontevedra, entre elas a CGT e a Asociación Barco a Gaza, teñen convocada para hoxe unha concentración en Pontevedra, en protesta polos acontecementos que veñen ocurrindo nestes últimos días nas fronteiras de Exipto e Jordania con Gaza e Israel. A Marcha Internacional pola liberdade de Gaza e o fin do bloqueo da Franxa, está sendo duramente reprimida por as policías exipcia, xordana e israelí; decenas de camións cargados de alimentos e outros productos solidarios están paralizados e vixiados polas autoridades xordanas e exipcias. Centos de pacíficos militantes da Marcha están sendo castigados e algúns puxéronse en folga de fame ou permañecen sentados ata se levante a prohibición de salir hacia Gaza. A concentración en Pontevedra, convocada con toda a urxencia que impoñen os acontecementos, terá lugar as 8 da tarde, na praza da Peregrina.
Post date: 2009-12-30 10:51:00
Post date GMT: 2009-12-30 09:51:00

Post modified date: 2009-12-30 10:56:03
Post modified date GMT: 2009-12-30 09:56:03

Export date: Sat Aug 8 9:10:57 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com