imagen0412O domingo, día 7, rematou o XVI Congreso da CGT, congreso que se celebrou, desde o día 4, en Málaga. A este evento acudiron máis de 100 sindicatos dos 160 que ten a organización e uns 600 delegados.

Entre as delegacións estieron presentes os representantes dos sindicatos de Galicia, que tiveron unha destacada participación dado que houbo representación galega en todos os puntos da Orde do Día que se someteron a debate.

imagen0381Tamén houbo tempo para saír ás rúas de Málaga en manifestación e lanzar berros a prol da Folga Xeral e en contra da crise do capital. Na manifestación, houbo tempo para deixar un recordo na tenda que a empresa Caramelo ten na cidade, en apoio aos traballadores despedidos na Coruña.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email