Dicía hai unhas semanas Cándido Méndez, sindicalista de pro, que non se vía “montándolle” unha Folga Xeral a Wall Street, certamente nós tampouco. Non obstante, as súas declaracións agochan a interpretación que dende as institucións políticas e sindicais se está a facer sobre a crise que azota á clase traballadora. Identifícase mecánica e interesadamente a crise económica coa crise financiera, provocada esta polos desmans das políticas ultraliberais dos iankis. Procédase pois a efectuar un reaxuste no sector financiero e a crise quedará solventada. Que fácil e que pueril. Nada que decir das medidas que o goberno ven de aprobar para “reaxustar” o sector financiero: 30.000 millóns de euros, ampliables a 50.000 para darlle liquidez aos bancos; creación dun fondo de avais de 100.000 millóns de euros para evitar posibles quebras e pago aos bancos durante dous anos (pago indirecto por medio do Estado, e polo tanto cos impostor dos traballadores e traballadoras) das hipotecas dos parados. Hai que ter claro que pasados estes 2 anos os bancos volverán a cobrar as hipotecas directamente a estes traballadores. Ante isto os sindicatos institucionais calan, todo vai ben.

Pero ao mesmo tempo esquécese a outra crise, a que non é financiera, a dos traballadores. Nos últimos anos a economía española medrou por riba do 3 % e os beneficios empresariais incrementáronse un 73 %. Este incremento baseouse fundamentalmente na depredación do medio ambiente, na flexibilización das condicións laborais e no desmantelamento paulatino dos servizos públicos. As consecuencias son evidentes: un tercio dos fogares son mileuristas ou están por debaixo de dos mil euros mensuais, os salarios perderon máis dun 5 % de poder adquisitivo, a población que vive por debaixo do umbral de pobreza chega ao 20 %… A este panorama vense a sumar, aproveitando a crise actual, o despedimento masivo de traballadores e traballadoras por parte de empresas que seguen a ter beneficios. Na nosa comarca o exemplo paradigmático é Citroen (1100 despidos nunca situación de beneficio empresarial) e o conxunto das empresas da automoción. Os EREs, practicamente descoñecidos na comarca ata hai un par de meses son agora o pan noso de cada día, e segundo informan os sornáis máis de 11.000 traballadores en Vigo están afectados por despido ou suspensión temporal de emprego. Aínda máis, se están a anunciar taxas de paro superiores ao 14 % para o primeiro trimestre do 2009 e as empresas están a adoptar posicións de forza apoiadas pola pasividade da autoridade laboral: despidos por afiliación a CGT en DEMSU, CONYCASE, GAINCA, represión sindical en FRIGALSA, suspensión de contratos en SELMARSA… Ante isto os sindicatos institucionais calan, todo vai ben.

Nesta situación pensamos que calar non é a mellor opción para os traballadores e traballadoras, que as mobilizacións en solitario, en defensa dunha sigla non son a solución, pensamos que é tempo xa de deixar de tragar o seu veneno, que é tempo de que os traballadores todos unidos comecemento a plantarlle cara ao capital.

UNIDADE E MOBILIZACIÓN: ESTE SISTEMA NON NOS SERVE

TEMOS QUE MOBILIZARNOS E ORGANIZARNOS CONTRA A CRISE DO CAPITALISMO

A CGT, como organización sindical de clase, fai un chamamento á movilización dos traballadores e da cidadanía ante a gran estafa á que estamos sendo sometidos pola banca, la patronal, o goberno e a complicidade dos sindicalismo maioritario pactista.

POR ISO, LOITAMOS:

CONTRA o emprego do diñeiro público para nacionalizar as perdas da banca e a patronal. Pola socialización dos beneficios. Polo reparto da riqueza que nos garanta a todos e a todas unha vida de calidade.

CONTRA a Directiva europea da xornada laboral das 65 horas. Polo reparto do traballo. Por unha xornada laboral que faga compatible a vida laboral, social, familiar…

CONTRA a privatización dos servizos públicos. NON á Directiva Bolkestein. NON á Directiva europea sobre Empresas de Traballo Temporal. Por uns Servizos Públicos sociais de calidade.

CONTRA a Directiva europea do retorno da inmigración. Pola libre circulación das persoas.

CONTRA unha nova reforma laboral e pacto social. CONTRA o despido libre. Pola reforma do Estatuto dos Traballadores.

CONTRA os Expedientes de Regulación de Emprego, peches, deslocalizacións, paro, carestía da vida…

CONTRA a siniestralidade laboral. Por unhas prestacións sociais para vivir con dignidade.

CONTRA a represión do sindicalismo combativo e os movementos sociais. CONTRA a represión das loitas populares no mundo. Por unha sociedade baseada na xustiza social e a liberdade.

Por un novo modelo social baseado na autogestión, a participación e a liberdade, no cal a clase traballadora e a cidadanía sexamos os protagonistas da nosa vida e o noso futuro

POR UNHA MOBILIZACIÓN SOCIAL GLOBAL CONTRA UN SISTEMA CAPITALISTA; INXUSTO; MILITARISTA; ANTIDEMOCRÁTICO E INSOSTIBLE

MOBILIZATE. MARTES 16 DE DECEMBRO ÁS 20:00 HORAS DENDE A VÍA NORTE.

VER MÁS INFORMACIÓN

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email