As movilizacións que están a desenvolver os traballadores e traballadoras do servizo O+M de Telefónica na Coruña contínúan cun seguimento de preto do cento por cento da plantilla. Trátase de paros semanais dunha hora no final de cada quenda de traballo, convocados pola CGT, xunto con CIG e AST en protesta polo plan de Actividades Locais O+M que está a desenvolver, de xeito piloto, a empresa na provincia coruñesa e que supón a externalización do servizo de mantemento, o traspase de traballadores cara outros servizos, e a modificación das condicións de traballo como gardas, quendas, …

Nas vindeiras semanas continuarán os paros, que logo do martes 30 de decembro pasarán a ser os mércores desde o 7 de xaneiro.

Dende a CGT se está a plantar cara aos plans da empresa pra evitarmos que unha grande parte do traballo desenvolvido polo colectivo de traballadores e traballadoras de O+M sexa externalizado. Fronte á lóxica do capital que só pretende abaratar costes, procurar rendabilidade, cambiar emprego estable por precario, … alí estarán os traballadores e traballadoras movilizados e unidos na defensa dun futuro digno.

Sección Sindical da CGT da Coruña en Telefónica

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email