CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Formación, Social

Boletín informativo 120: a directiva da vergoña

16.12.08

A CGT ven de publicar este boletín, adicado á Directiva sobre procedementos e normas comúns nos Estados membros para o retorno dos nacionais de terceiros países que se atopen ilegalmente no seu territorio, é dicir, á xa coñecida como Directiva da vergoña.

No boletín analízase a directiva punto por punto e explica o seu sentido sancionador: as fases da decisión de rotorno “voluntaria” e a de expulsión, as prohibicións de entrada, as vías de recurso e asistencia xurídica, o internamento e a normativa europea sobre internamento e retorno de menores non acompañados.

Os autores do boletín conclúen o evidente: que a directiva de retorno non é mais que un novo paso da Unión Europea cara a armonización da represión ós máis pobres. Para o análise, además do texto da directiva, inclúense un anexo sobre os centros de internamento en España e outro co comunicado da CGT “A directiva de retorno instaura o fascismo en Europa”.

O boletín está dispoñible nos locais sindicais.

CGT A Coruña

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  | 

«
»

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux