CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Vigo

PSA-CITRÖEN- A Xustiza nos da a razón

06.10.08

Os traballadores non poden ser discriminados por o tipo de contrato

Como xa dixemos en máis dunha ocasión, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) é contraria a recorrer a “entes” alleos para solucionar os problemas. Máis nalgunhas ocasións non nos queda máis remedio que recorrer a Xustiza, ou mellor dito os Tribunais de Xustiza. A defensa dos intereses dos traballadores en ocasións obríganos a este tipo de actuacións.

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo, en PSA Peugeot-Citröen, acaba de gañar unha demanda contra a empresa pr a aplicación do artigo 37 “Complemento de Antigüidade”.

A Sala do Social número 5 de Vigo, seguindo a doutrina do Tribunal Supremo, estima na totalidade a demanda presentada por un afiliado a este Sindicato. E establece co plus de antigüidade debe computarse e aboarse dende a sinatura do contrato eventual, aínda que entre contrato e contrato exista unha interrupción máis o menos longa. Así mesmo recoñece o dereito do traballador a cobrar as cantidade económicas deixadas de percibir no último ano (as reclamacións económicas prescriben ao ano).

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo (CGT) valora moi positivamente esta sentencia, por as consecuencias favorables que vai ter para a maior parte da plantilla. A Xuíza establece ca antigüidade debe computarse e aboarse por todo o tempo de traballo para a empresa, sen ningunha discriminación por o tipo de contrato.

Os eventuais, tras o retroceso que significou a nova categoría de entrada, con esta sentencia dan un paso máis deica a súa considración coma traballadores de “primeira”, cos mesmos dereitos cos indefinidos.

Pero tamén os indefinidos vanse ver favorecidos por esta sentencia, pis a maioría antes de sinatura do contrato indefinido pasan por unha serie máis o menos longas de contratos eventuais.

De momento esta sentencia só afecta o traballador demandante, pero dende a CGT non pararemos ata que esa interpretación lle sexa aplicada o conxunto da plantilla. Para calquera dúbida contactade con nos.

¡¡NON TE LAMENTES!!
ORGANIZATE, PARTICIPA E LOITA
UNETE A CGT

Imprimir este artigo Imprimir este artigo  |  Recomendar este artigo Recomendar este artigo

« LIMPEZA- Folga indefinida?
» Concentración contra a represión sindical en CONYCASE- PARKING NUARIA

Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux